Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aparece degolado un home en Fisterra relacionado co narcotráfico

Aparece degolado un home en Fisterra relacionado co narcotráfico

Edificio da Anchoa onde foi atopado o home degollado, en Fisterra Edificio da Anchoa onde foi atopado o home degollado

Esta noite de xoves 15 de decembro volven a aparecer as pantasmas do narcotráfico pola Costa da Morte. Un home aparecía degollado no seu piso da Anchoa, en Fisterra. O falecido tiña antecedentes por narcotráfico, e mesmo xa estivera no cárcere despois da Operación Canario aló por 2009.

A Garda Civil está esperando pola Policía Científica e o xuíz para o levantamento do cadáver.

Fontes próximas relacionan o caso ao doutro home, un xubilado, que se atopa en coma despois de sufrir “unha caída”, segundo contou, ou unha paliza segundo sospeitan fontes xudiciais analizando o parte médico. Foi o panadeiro o que o atopou a piques de falecer o pasado martes, cando notou que non recollera o pan do día anterior e cando non abría a porta. Chamou a familia quen acodiu e descubriuno tirado no sofá a piques de morrer.

&nbps;

Novas relacionadas co narcotráfico

Fonte

Comentarios