luns. 11.11.2024
El tiempo

Búscanse mestres de galego

Búscanse mestres de galego

Vén de abrir a Secretaría Xeral de Política Lingüística as listas para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Cursos que tamén pretenden paliar o paro en todo o país.

De aquí a un mes de seguro que comezan as ofertas para os alumnos, abrindo os cursos Celga de galego administrativo e demais.

Requisitos

  • Ser licenciado en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica, sección galego – portugués, ou ser graduado en lingua e literatura galega.
  • Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para profesorado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Ser demandante de emprego.

Documentación a presentar

  • DNI (copias compulsadas).
  • Título de licenciado ou graduado en lingua e literatura galega.
  • Certificado de ter realizados e avaliados positivamente os cursos de formación para profesorado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Xustificante de ser demandante de emprego.
  • Certificación do expediente académico.

Prazo de inscrición

  • 15 de febrero 2011.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios