Cabana e Laxe acollen o I Camiño dos Faros Inclusivo
08:14 15/04/16
Tras o éxito e o gran poder de convocatoria que tiveron todas as edicións do Camiño dos Faros, mañá sábado ponse en marcha un novo proxecto: I Camiño dos Faros Inclusivo que nace da colaboración das ANPAS Galegas e da asociación O Camiño dos Faros. O obxectivo está claro: que as persoas con diversidade funcional poidan desfrutar desta máxica aventura.
O I Camiño dos Faros Inclusiva comeza cunha quedada na praia da Urixeira, en Neaño-Cabana, ás 15:30 horas de mañá sábado. Dende alí partiráse cara o estuario do Anllóns onde o ornitólogo Xosé Luis Rabuñal - que ten o seu propio observatorio de aves - ofrecerá unha charla aos asistentes sobre a importancia e a riqueza natural desta contorna. Tras á charla-coloquio, os participantes neste I Camiño dos Faros Inclusivo percorrerán 2,7 quilómetros da senda do Anllóns - de fácil accesibilidade - para chegar ás 18:30 horas ás Grelas para trasladarse ata Laxe para facer a ruta do porto-faro de 1,5 quilómetros de distancia.
Este roteiro por terras laxenses comeza ás 19:30 horas coa saída dende a praza da vila. Alí, Victor Mira ofrecerá unha charla sobre a historia de Laxe e logo emprenderase un paseo ata o faro. Se o tempo o permite, os participantes neste I Camiño dos Faros Inclusivo desfrutarán da posta de sol. Ás 21:30 horas varios establecementos de Laxe ofrecerán pinchos e refrescos aos asistentes para que desfruten do momento e intercambien paraceres sobre esta primeria edición.
Novas relacionadas
- Chega o Camiño dos Faros virtual
- Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes
- Uns 700 tran@s desafían ao mal tempo na primeira etapa do Camiño dos Faros
- O I Camiño dos Faros Inclusivo xa ten data
- A por un Camiño dos Faros para todos.
- Os trasn@s inician a sexta edición do Camiño dos Faros.
- Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Camiño dos Faros