Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cabreo no sector do mar ante a desconvocatoria da folga

“Sentimos que se perdeu unha ocasión histórica”
Manifestacion da pesca de axuda ao transporte
Imaxe da manifestación desta semana na Coruña
Cabreo no sector do mar ante a desconvocatoria da folga

“Cando máis unión había, levántase a folga. É inexplicable”, lamenta o patrón maior de Corme. A realidade é que cando estaba toda a flota parada (á baixura uníronse sectores como a volanta, ata arrastre uníronse dende o martes), a Federación Española de Confrarías, trala reunión co Ministerio, desconvocaba onte a folga cun acordo de mínimos que sinala que o goberno “estudiará” medidas para baixar o combustible; que estudiará as taxas portuarias, que se valorará a rebaixa da seguridade social e a apertura de novas liñas ICO de crédito ao 1%.

Confrarías como Corme, Malpica, Coruña ou Laxe, participantes nas mobilizacións da semana, non entenden esta desconvocatoria da folga “sen garantías nin compromisos asegurados”, e sen transporte que leve o peixe aos muros, e consideran que debería manterse ata o día 29.

Así, a Confraría de Corme lamentaba nun comunicado “a pouca seriedade e unión que temos no noso”.

Mentres, cada porto foi un mundo estes días. Aínda habendo máis consenso que nunca, houbo portos como o de Fisterra onde apenas se notou a folga. Os mariñeiros decidiron por votación saír ao mar, e vender o peixe en pequenas furgonetas pola comarca, entre peixeirías e restaurantes, sen necesidade de ir á lonxa da Coruña.

Outros como Camelle si que necesitan de levar o peixe ao muro hercullino e aí a folga xa se notou. “En Camelle, máis do 50% non foi ao mar, pero non pola folga, senón pola xente que coida o seu e non deixa entrar co peixe na lonxa da Coruña”, relata con total sinceridade o patrón maior Xosé Xoán.
"Que vai pasar agora?", pregúntase. "Empresas como Calvo pedirán escolta á Garda Civil para poder descargar, mentres que as pequenas con dúas furgonetas non poderemos levar o peixe á lonxa".

Se ben en Corme houbo quen comezou a saír a traballar tralo anuncio da desconvocatoria, en Camariñas houbo de todo . Por exemplo, os pulpeiros, que venden na Ponte do Porto e Camariñas ou que gardan nas neveiras, si foron ao mar durante toda a semana.

Dende Malpica “non hai moitas palabras para expresar o que sentimos” tras estes tres días de loita nas manifestacións da Coruña e tras levar dende o martes pasado, vendo ademais como algúns barcos si saíron trala desconvocatoria. “Cando non se trouxo compromisos, só promesas. Esa decisión non nos reprenresa. Sentimos que perdemos unha oportunidade histórica co sector do transporte, unidos todo o mundo”, sinala Fran Varela dende o pósito.

”Fomos moi críticos, entendemos que hai que esperar ao 29 e facer forza. De que vale ir ao mar se o noso produto non pode saír?? Imos ter un problema serio, agora coa campaña da xarda, e falamos de toneladas”, sinala lamentando que non se falase, por exemplo, de garantizar un prezo mínimo do peixe.

Hai reunión o vindeiro mércores que chega co ambiente moi caldeado.

Novas relacionadas

Comentarios