Venres. 19.04.2024
El tiempo

A candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf entra na segunda fase

Reunion da segunda fase da candidatura da Reserva Mundial de Surf da Costa da Morte
Primeira reunión desta segunda fase da candidatura da Reserva Mundial de Surf da Costa da Morte
A candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf entra na segunda fase

Despois dunha completa primeira fase na que se conseguíu cumprir cos requisitos establecidos por Save the Waves, continúa o proceso para acadar que a Costa da Morte sexa a primeira zona do Estado, e segunda de Europa, en convertirse en Reserva Mundial de Surf.

Esta semana comezou a segunda fasse da candidatura, baixo o amparo da Deputación da Coruña, e coa colaboración intrínseca dos Concellos. De feito, tócalles mover ficha, e terán que declarar o territorio Reserva Local de Surf e promover a sensibilización social sobre os valores naturais e o propio deporte.

Asistiron á reunión representantes políticos dos concellos de Fisterra, Laxe, Malpica, Carballo e A Laracha, e membros da comisión operativa da iniciativa, para afrontar agora á fase definitiva do proceso para o que conta cun dos seus principais activos: a implicación de máis de 30 representantes tanto de institucións como de entidades privadas traballan conxuntamente para que o obxectivo se faga realidade.

A entidade Save the Waves, que é quen decide sobre as candidaturas presentadas, require agora a presentación dun proxecto polo miúdo antes do fin do ano, no que xa se está traballando, mais tamén estudar as formas para dar viabilidade a curto e longo prazo para contribuír ao desenvolvemento da Costa da Morte como destino sustentábel de surf, o que foi o principal obxectivo da xuntanza celebrada en Carballo.

Novas relacionadas

Comentarios