Luns. 20.05.2019
El tiempo

A candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial do Surf avanza con impulso

A candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial do Surf avanza con impulso

Continúan as reunións e os traballos para perfilar a candidatura da do xeodestino Costa da Morte como 'World Surfing Reserve’. Un nutrido grupo de 25 persoas, entre as que hai profesionais do turismo, deportistas da comunidade surfeira e políticos, están, co apoio da Deputación da Coruña, preparando a solicitude que presentarán este mes de maio, cando reciban a visita do representante para Europa da Save the Waves e se peche así a primeira fase.

Onte tivo lugar unha nova xuntanza do grupo promotor, na que a Comisión Operativa do Proxecto, presentou os avances dende a última reunión da totalidade do grupo, o pasado 28 de marzo, e despois de 3 meses de traballo. Entre outros puntos, a xuntanza acolleu a presentación dos spots e o documento co que se presentará a candidatura ademais de planificar a visita de Tony Butt, representante para Europa da entidade Save the Waves, que nos días 12 e 13 deste mes estará en Costa da Morte para coñecer de primeira man o territorio e explicar aos membros do Grupo Promotor as implicacións que ten a declaración dun territorio como Reserva Mundial de Surf.

A iniciativa intenta convertir a comarca na segunda Reserva Mundial de Surf declarada en Europa, tras da portuguesa Ericeira, e na doceava a nivel mundial. A idea é “asentar e promocionar o deporte no xeodestino Costa da Morte, a través da protección e posta en valor das ondas, que consiga sentar as bases para avanzar no artellamento dun modelo de desenvolvemento sostible arredor do surf”.

Reunion do grupo de traballo da candidatura Costa da Morte Reserva Mundial de Surf

Novas relacionadas

Máis novas surfeiras

Comentarios