venres. 02.05.2025
El tiempo

Carballo integrarase no Transporte Metropolitano da Coruña en 2015

Carballo integrarase no Transporte Metropolitano da Coruña en 2015
Os buses metropolitanos da Coruna poderian chegar a Carballo

Xa o pedira o Concello de Carballo aló por maio. E parece que as peticións do munipio carballés non caeron en saco roto pois a área do Plan de Transporte Metropolitano (PTM) da Coruña integrará o vindeiro ano o concellio bergantiñán, así como Curtis e Ordes.

Unha nova máis que positiva para a comarca de Bergantiños e para toda a Costa da Morte, tendo en conta o terrible servizo de transporte colectivo da zona.

E de contado, o PP carballés foi o primeiro en congratularse da nova. O deputado do PPdeG Aurelio Núñez Centeno valorou moi positivamente de que o concello de Carballo se incorpore ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no próximo ano. O deputado popular agradeceu a resposta e destacou o beneficio de esta adhesión “para mellorar a mobilidade e a accesibilidade dos máis de 31.000 veciños e veciñas de Carballo e os beneficios económicos e medioambientais que supón cun aforro medio anual nos desprazamentos de 600 euros por familia”.

O PTM (Plan de transporte metropolitano) implica unha serie de beneficios para os cidadáns, que se traducen nun aforro medio anual para un usuario frecuente do transporte público de entre 300 ata 1.200 euros, dependendo da orixe e destino dos seus desprazamentos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios