mércores. 30.04.2025
El tiempo

Madrid-Muros-Fisterra cun billete único entre Renfe e Monbús

Madrid-Muros-Fisterra cun billete único entre Renfe e Monbús
Billete unico de Bus e Tren de Fisterra-Muros-Madrid con Renfe e Monbus

Grande nova para o sector turístico da Costa da Morte. I é que todo o que implique facilitar as cousas aos visitantes é positivo, e co lío que temos na Costa da Morte co servizo de transporte colectivo, aínda máis.
O pasado 24 de abril, RENFE asinaba un convenio con Monbús para ofrecer un billete conxunto, que permitirá a viaxeiros e peregrinos viaxar directamente dende Fisterra ata Madrid ou Barcelona.

O acordo implica que por 58€, poderase mercar un billete único dende Fisterra ata Madrid, incluíndo a ruta costeira en bus ata Santiago con Monbús, e a viaxe entre tren ata Madrid. Indican ademais que haberá dúas frecuencias diarias desde a costa galega e unha de ida desde Madrid.

Un acordo que dá conta que a Costa galega (os billetes inclúen tamén traxectos da provincia de Pontevedra) está moi de moda como destino turístico en toda a península.

Máis información

Os viaxeiros, así como os hostaleiros da zona para poder informar aos seus visitantes, poden obter máis información, reservar ou adquirir os seus billetes a través da páxina web de Renfe (www.renfe.com) ou no teléfono de Atención Integral ao Cliente (902 320 320).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios