Venres. 29.03.2024
El tiempo

A CMAT e a Deputación presentarán na FITUR as varias formas de vivir a Costa da Morte

Regueira en Fitur 2
Xosé Regueira xa en Fitur
A CMAT e a Deputación presentarán na FITUR as varias formas de vivir a Costa da Morte

Volve FITUR, e a Costa da Morte volve despregar velas para acodir á feira de turismo máis importante do estado, coa presencia de 165 países e rexións, máis de 10.000 empresas e 250.000 asistentes entre profesionais e público en xeral. Numerosos alcaldes acodirán á cita baixo o paraugas dun Turismo de Galicia que ten como principal interese unificar a dispersa imaxe que historicamente leva a Costa da Morte.

Tamén estará presente a Deputación, que leva dúas proopstas costeiras entre o tridente de interese. "O Gran Fondo Ézaro, a candidatura da Costa da Morte a Reserva Mundial de Surf e o proxecto de Xeoparque de Ortegal son tres dos eixos da actuación da Deputación da Coruña nesta nova edición de Fitur", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.
Conducido polo xornalista deportivo Tedio Carrera e coa presenza de recoñecidas figuras do mundo do deporte e o espectáculo desenvolverase este mércores a presentación en Fitur da etapa da Vuelta a España que este ano transcorrerá de Muros ao Ézaro ademais dunha nova edición do Gran Fondo.

Tamén La Vuelta será protagonista, con esa histórica contrarreloxo. Tamén estarán propostas singulares promocionadas polos respectivos alcaldes e técnicos municipais, pero a principal fiestra aberta dende Madrid á Costa da Morte será a que abra a CMAT entre o 22 e o 26 de xaneiro.

“Catro formas de vivir Costa da Morte intensamente” é a aposta do ente representante do xeodestino Costa da Morte, e se presentará o primeiro día, o 22 de xaneiro ás 17:00h no stand de Turismo Galicia. O encargado da ponencia será o presidente da CMAT, e alcalde de Muxía, Iago Toba e contará tamén ca intervención do Delegado Territorial Xunta de Galicia en A Coruña, Ovidio Rodeiro Tato.

Os catro valores da marca contemplados no Plan de Acción de Turismo Costa da Morte 2019-2021 serán o fío que estructurará a presentación:

  • “Carácter mariñeiro” representa a influencia da costa na nosa terra a través dos oficios do mar, a gastronomía e artesanía, pero tamén o amplo abano de actividades deportivas e de turismo mariñeiro que se ofertan nos nosos concellos.
  • “Naturalmente salvaxe” busca transmitir a paisaxe agreste, os cantís, as praias e as espectaculares rutas que conforman unha xeografía única e difícil de atopar noutro lugar do mundo.
  • “Máxica e espiritual” personificada no misticismo das lendas, romarías e festividades relixiosas e pagás e no propio Camiño de Santiago.
  • “Tradicional e profunda”, trata de pór en valor o folclore da zona, a tradición vencellada ao patrimonio, as feiras, mercados…

Á cita acodirán tamén coa nova guía turística que editou a entidade, e o vídeo exclusivo creado a partir das aportacións dos diferentes concellos da Costa da Morte sobre o que representan para eles estas “personalidades” dentro do conxunto do xeodestino.

Comentarios