A Costa da Morte será protagonista na Vuelta a España máis internacional

Xa o sabíamos dende hai un mes, pero hoxe confirmouse. Unha das etapas máis espectaculares de La Vuelta 2020 será a contrarreloxo que de 33,5 quilómetros que partirá de Muros, atravesará Carnota e rematará cun espectacular ascenso ao Mirador do Ézaro.
Así o ratificaron na presentación oficial do percorrido que se celebrou en Madrid, á que asistiron o gran valedor da chegada do pelotón á nosa bisbarra, o deputado e alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño; xunto o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido “Moma” e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, acompañados pola deputada Cristina Capelán.
Esta será ademais a cita máis internacional pois discorerrá polos Países Baixos, Francia e Portugal ao longo das súas 21 etapas. Un feito que pode servir para extender “dar unha maior proxección da nosa provincia a nivel mundial nun evento televisado en directo que cada ano é seguido por millóns de espectadores en máis de 90 países”, como lembran dende a Deputación.
A etapa
A da Costa da Morte será unha etapa decisiva, pois terá lugar o 1 de setembro, na última semana da carreira, e en formato “contrarreloj”. Partindo de Muros, atravesará 33,5 quilómetros pasando por Lariño, Carnota, San Mamede, Panchés, Quilmas e O Pindo para rematar nun dos finais máis duros e emblemáticos da historia de La Vuelta: o miradoiro do Monte Ézaro, en Dumbría, cunha pendente do 30%.
Novas relacionadas
- Outubro 2019: La Vuelta 2020 volverá subir o Mirador do Ézaro nunha espectacular contrarreloxo.
- Gran Fondo 19: O Muro do #GranFondoÉzaro continúa aumentando a súa lenda.
- Gran Fondo 2018: O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo.
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano gracias a La Vuelta.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.