domingo. 10.11.2024
El tiempo

Colectivos costeiros únense á loita contra a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais

Colectivos costeiros únense á loita contra a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais
Colectivos reunidos contra a Lei de Iniciativas Empresariais Colectivos reunidos contra a Lei de Iniciativas Empresariais

Sinalan que “esta lei vai supor unha auténtica Lei de Depredación de Galicia xa que pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc, constituíndo a aprobación de varias leis nunha, tratando de eliminar calquera debate público sobre temas que requirían dun amplo consenso social e político”. Supón, ademais, “unha ameaza absoluta ao conxunto da poboación que podería verse sometida a un uso abusivo e xeralizado da lei de expropiación para favorecer iniciativas privadas de grandes empresas coa protección do goberno galego”.

Por isto, numerosos colectivos acoden á convocatoria de contraMINAcción para pedir a retirada do proxecto de Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais de Galicia, que vai presentar pola vía de urxencia o PP. Entre os grupos contrarior á lei atopamos á activa Plataforma para a Defensa de Corcoesto e Bergantiños, que conseguira a través da mobilización social, a paralización daquel proxecto de mina de ouro a ceo aberto.

Precisamente os grupos poñen o caso bergantiñán como un caso que será imposible de repetir se se aproba esta lei. “A información ambiental ficará secuestrada, dereito que na práctica se elimina, deixando en mans das empresas mineiras que decidan que é secreto industrial, nun claro conflito coa lexislación europea e española. Elimínanse controis ambientais e acúrtanse os prazos para evitar todo tipo de alegacións da cidadanía”.

Así os colectivos ADEGA, CIG, Comisión contra as minas da Terra Chá, Comisión de Medio da Gentalha do Pichel, ContraMinAcción, Equo, Organización Galega de Comunidades de Montes, Plataforma para a Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Véspera de Nada, continuarán traballando para intentar impedir a aprobación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios