Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Collendo aire polo Día Internacional da Infancia

Cartel Dia Infancia 20N Pediatras e Matronas Xa
Collendo aire polo Día Internacional da Infancia

Despois da súa peregrinación reivindicativa pola Atención Primaria, a Asociación Pediatras e Matronas XA continúa coas súas accións agora na rede. Faino arredor do 20 de novembro, reivindicando o Día dos Dereitos da Infancia.

Cousas tan básicas como o dereito a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a unha familia, a unha boa educación, á protección e ó coidado, á integración, á igualdade de oportunidades… Cousas que, nos tempos que corren, ás veces non están garantidos.

”Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliencia das nenas e nenos neste contexto global; as criaturas son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación”, explica Vanesa Viquendi. “Amósannos que cada día é unha oportunidade, que nos necesitamos uns ós outros e que a ilusión pode estar nas pequenas cousas”, valora a fisterrá.
En clave de futuro citan a Frederick Douglass: “É máis fácil criar nen@s fortes, que reparar adult@s rotos”.

Pediatra

Dende a entidade explican que a figura do pediatra ten que ser unha figura estable, que coñezan ás criaturas e as acompañen na súa evolución. Igual que a atención personalizada dunha matrona na xestación. De aí a necesidade de dotar a atención primaria de profesionais que atendan estas necesidades da maneira máis axeitada posible.

Coller aire

A forma simbólica que propoñen para visibilizar @s dereitos dos nosos nenos e nenas é a seguinte:

Comentarios