Peregrinación e manifestación para loitar contra os recortes na Sanidade Pública Galega
Foi unha semana de mobilizacións da cidadanía da Costa da Morte e de todo o país. A mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública xuntou medio país para esixir que a a Xunta que pare o proceso de "privatizacións” e "recortes" en Atención Primaria da Sanidade Pública Galega.
Dende a Costa partían, xa o mércores, as familias da Asociación Pediatras e Matronas Xa!, que levaron esta concreta reivindicación, concello por concello, facendo o Camiño do revés.
Pararon en Fisterra, Muxía, Cee, ou Mazaricos, onde falaron cos seus alcaldes para dar conta da terrible problemática que temos co servizo de pediatría tanto na Costa da Morte como no resto do rural galego.
Xa en Compostela, foron milleiros de persoas as que colapsaron a capital galega, para berrar lemas como o “Feijóo, atende, a sanidade non se vende”, un dos lemas que máis se cantou, pero o de Pediatras e Matronas Xa tamén retumbou polas estradas compostelás.
De todas partes do país, e tamén a caravana pediátrica costeira, partiron da Alameda ata encher a Praza da Quintana.
Non faltaron o recén escollido secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nin a voceira nacional do BNG, Ana pontón.
Novas relacionadas
- Novembro 21: O Sergas recolle as queixas das familias e asegura que Camariñas recuperará o pediatra “nos próximos días”.
- Cando rir é un acto revolucionario.
- Outubro 21: Outro xoves de protesta ás portas do Centro de Saúde pola Atención Primaria.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Carta de amor e de protesta.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Reflexións dende un consultorio de Atención Primaria (I).
- Xarda analiza a crúa realidade da sanidade pública con voces costeiras.
- Faladoiro sobre Atención Primaria: “As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Abril 21: As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública.
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno.