Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A comarca, e a diáspora, izaron a bandeira a petición de Vía Galega

Suiza estivo no inzado da bandeira de Via Galega
O xalleiro Xosé Abelenda e o gaiteiro Pablo do Ferrado izaron a bandeira galega en Bienne-Seeland
A comarca, e a diáspora, izaron a bandeira a petición de Vía Galega

Convocaba esta fin de semana Vía Galega un izado de bandeira común para propagar e popularizar os símbolos nacionais galegos, co gallo do 105º aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala .

Foron moitas as vilas do país que secundaron a iniciativa, e mesmo na diáspora. Por exemplo en Zürich e na comarca Bienne-Seelan, Xosé Abelenda e o Pablo do Ferrado puxeron música tradicional galega para amosar o poder da bandeira galega.

BNG de Bergantinos coa Bandeira galega
Tamén o BNG de Bergantiños secundou a acción.

Durante os actos, leron un fragmento do poema a "bandeira" do libro "As rúas do vento ceibe" de Manuel María:

”A bandeira de Galiza
é dun branco inmaculado
con unha banda de azul
que a atravesa lado a lado
E no medio do azul
-cores do ceo e do mar-
a estrela de cinco puntas
como un facho a relumbrar…”

A xornada serviu para rescatar conceptos que se cadra tiñamos esquecidos: A bandeira galega ten as súas orixes, inicialmente, como concepto, como idea de Galiza e a defensa dos seus intereses. No derradeiro cuarto do século xlx as cores azul e branca eran as cores identificadoras da bandeira galega. Visíbel xa na Galiza polo menos dese o ano 1878 até a súa forma ofcial actual. A súa popularización foi a máis no século xx e sobre a franxa azul foron aparecendo outros elementos diferentes ao cáliz, como a serea debuxada por Castelao e a estrela de 5 puntas que alcanzou unha grande popularidade e simbolismo polítco, ao ser a bandeira acollida polo soberanismo como propia.
Hoxe, conmemoraramos un fito destacado da nosa historia. O 17 e 18 de novembro de 1918, as Irmandades da Fala realizaban en Lugo a I Asemblea Nacionalista. Concretamente, hoxe, 18 de novembro, cúmprense 105 anos da aprobación do programa-manifesto, no que as Irmandades da Fala se declaraban nacionalistas e plasmaban as súas propostas para consttuír un poder galego soberano, afirmando: "son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza, e sobor de todo a súa soberanía, completa e sen catveces. Nisto non caben discusións: Galiza ten dereito, un dereito fundamental, a ser dona absoluta de si mesma. Con vontade ceibe faremos nupcias de amor con outras soberanías, contra as que non vai nin quere ir a soberanía nosa”.

”Moitas das medidas e reivindicacións propostas neste programa contnúan a estar en plena vixencia e seguen sen ser satsfeitas ao día de hoxe. Reivindicaban a autonomía integral da Nación Galego; demandaban unha federación Ibérica, incluíndo a Portugal; reclamaban un réxime tributario galego e a terra para quen a traballa, defendían a igualdade de dereitos para as mulleres en igualdade cos homes; propoñían o sufraxio universal e a representación proporcional como sistema electoral, reivindicaban a ofcialidade do idioma galego na administración e no ensino e proclamaban a "soberanía estétca da Nazón Galega”.

Asinaban o manifesto, entre outras, personalidades tan relevantes coma A. R. Castelao, Ramón Cabanillas, López Abente, Losada Diéguez, Peña Novo, Vicente Risco, Victoriano Taibo, Antón Villar Ponte, Ramón Villar Ponte e Xoán Vicente Viqueira.

Comentarios