Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Comezan a demolición dunha casa na praia en Arou

Comezan a demolición dunha casa na praia en Arou
Praia Lobeira en Camarinas

Comezaba onte o derribo, voluntario, dunha casa unifamiliar na praia das Lobeiras, en Arou, Camelle, Camariñas. I é que esto das demolición de edificacións ilegais está a convertirse nunha realidade, como xa vimos en Malpica?, Fisterra, ou Muros.

Desta volta, trátase dunha vivenda deshabitada con semisoto, planta baixa e baixo cuberta, sen licenza e sen autorización autonómica en zona de servidume de Costas. Se ben o derribo foi realizado de xeito voluntario polo propietario, a orde de demolición data de 2003, declarando as obras como ilegalizables e ordenando a súa demolición. Dita orde de demolición foi confirmada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data de 2007 e unha inadmisión de casación con data de 2008. Máis de 11 anos para botala casa abaixo, como comprobaba onte Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

Unha APLU que viu infrutuosas as multas coercitivas impostas, polo que acordou a execución subsidiaria da demolición a custa do afectado. Non obstante, o afectado procedeu á demolición voluntaria, coa conseguinte redución da repercusión de custes.

O afectado dispón do prazo dunha semana para realizar e acreditar a reposición da legalidade urbanística. A APLU volverá á zona para comprobar que a demolición se efectuou na súa totalidade.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios