domingo. 01.12.2024
El tiempo

Comezan as obras do enlace da Autopista coa Autovía Costa da Morte

Comezan as obras do enlace da Autopista coa Autovía Costa da Morte
Enlace da AG-55 coa AC-550

Non estará operativa ata o verán, peor xa, durante esta semana arrincan as obras de execución da conexión entre a autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55) e a autovía da Costa da Morte. Unhas obras que obrigarán á realización de diversos cortes e desvíos de tráfico no enlace final da AG-55, en ambos sentidos, entre os puntos quilométricos 35+000 e 35+500. Estas accións son necesarias para executar o movemento de terras, drenaxe, firmes e sinalización e balizamento do enlace de Carballo e da continuación do tronco da autovía existente coa de nova construción.

A pasada semana xa se executaron traballos preliminares que consisten na demolición da barreira de seguridade ríxida na zona dos entroncamentos, para o que foi preciso o corte dos carrís rápidos de cada calzada.
Agora, o próximo martes, 19 de xaneiro, iniciarase un peche ao tráfico na calzada sentido A Coruña, que se prolongará durante dúas semanas, pasándose a circular en ambos sentidos pola outra calzada. Estes cortes serán necesarios para levar a cabo a primeira fase destas accións: a execución do ramal e entroncamentos por onde se desviará o tráfico.

Unha vez se remate a execución do ramal realizarase a segunda fase, centrada na execución do tronco da autovía e enlace de Carballo, circulando o tráfico polo ramal mencionado, quedando a AG-55 cortada neste tramo.

Na fotografía aérea pódese apreciar a actual AG-55 e o movemento de terras da autovía da Costa da Morte.

Imaxe aerea do Comezan as obras do enlace da Autopista coa Autovia Costa da Morte Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios