Venres. 29.03.2024
El tiempo

Contacontos de Nadal en francés con L’isle Jourdain

Contacontos de Nadal en francés con L’isle Jourdain
Última sesión de “L´éveil au plaisir de lire et écrire en français” na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo A Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain pechou este sábado, 15 de decembro, a última sesión do proxecto “L´éveil au plaisir de lire et écrire en français” desenvolvida na Biblioteca Rego da Balsa. Contos con Kamishibai, historias con bonecos feitos á man, le Père Noël que achegou aos pequenos á Tour Eiffel e panxoliñas en francés atraeron a atención das nenas e nenos que se achegaron á biblioteca nesta chuviosa mañá. Xa son varias as familias bergantiñás que participan asiduamente neste proxecto no que a finalidade é mellorar a linguaxe, incrementar o vocabulario e promover destrezas de lecto-escritura dende a primeira infancia na lingua que une a Carballo con  L´Isle Joudain (Francia). Hoxe: Festival de Variétés A próxima actividade está dirixida aos adolescentes e terá lugar hoxe, ás 20h30 no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Esta será xa a 6ª Edición do Festival de Variétés na que participarán o Conservatorio de Música de Carballo, o I.E.S. Parga Pondal e o C.P.R. Artai. Únense tamén a esta iniciativa os usuarios e usuarias de ASPABER, que volven a subirse ao escenario francófono nesta nova edición do Festival. E xa para rematar o ano, as últimas actividades do 2018 serán o café conversación os venres 21 e 28 de decembro - a partir das 20h na Cafetaría Jaque Mate - e o Club de Lectura  co libro “Mamá no dice la verdad” de Michel Bussi. Desde a asociación lembran que para participar no Club de Lectura desta novela francesa pódese facer a lectura do libro na versión en español.

Comentarios