Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Coristanco esquece convocar o seu pleno de outubro

Coristanco esquece convocar o seu pleno de outubro
Amancio Lavandeira alcalde de Coristanco TEGA Amancio Lavandeira critica a falta de pleno en outubro

Supérase cada mes o Concello de Coristanco como sainete da política municipal galega. Dous meses despois da polémica moción de censura, o concello bergantiñán parece que naufraga sen timonel.

Dous accidentes de tráfico manteñen ao novo alcalde Abraham Gerpe (edil expulsado do PSdG, grupo que xa presentou un recurso contencioso-administrativo contra a moción) de baixa, polo que é o voceiro PP, Antonio Pensado Plágaro, o que exerce. Foi o ex alcalde o alcalde en funcións durante o pleno de setembro, facendo evidente o segredo a voces.

Pero este mes de outubro, parece que a parálise faise patente coa non convocatoria do pleno ordinario mensual. Así o denuncia Amancio Lavandeira, que sinala que non hai movemento algún no consistorio. “Seguen sen iniciarse ningunha licenza urbanística das que falaban, seguen sen pagar as facturas a proveedores, seguen sen resolver o contrato coa empresa de limpeza dos edificios públicos; non iniciaron ningún expediente para as obras da Deputación que segundo eles remata o prezo o 30 de novembro…”, critica.

Lavandeira lamenta que ”o único que resolveron son as dedicacións dos novos cargos e a colocación de farolas nalgunhas propiedades particulares”; que “non haia quen atenda aos veciños na alcaldía” e que “non se convoquen nin os plenos”. “Un montón de motivos que fan pensar en que a moción só tiña un fin: intereses particulares, conclúe”.

Artigos relacionados

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios