Coristanco mellora a rede de saneamento en Traba e Agualada


Coñecimos a semana pasada as achegas que a Xunta leva aportado aos concellos da bisbarra a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico. Unha devolución polo custe de acoller parques eólicos e non ter ningunha clase de beneficio en materia enerxética.
Desta volta, toca quedarnos en Coristanco, para repasar os traballos de recuperación medioambiental e mellora do entorno que o Concello leva a cabo cos 62.000€ do Fondo. Se ben parte da achega do departamento autonómico destinouse a sufragar os gastos de funcionamento do concello, polo que podemos comprobar que os fins do Fondo son bastante variables.
En todo caso, as obras permitiron mellorar a rede de saneamento nas parroquias de Traba e Agualada, os dous núcleos de poboación máis grandes do concello. As intervencións levadas a cabo consistiron, na parroquia de Traba, na extensión das canalizacións desde os lugares de Traba e Capelán ata Canal, así como a instalacións de 21 pozos de rexistro e outros tantos sumidoiros. Na Agualda, instalouse unha fosa séptica e un filtro biolóxico.
Axudas do Fondo de Compensación aos Concellos da zona
Nove municipios das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra foron beneficiados por estas axudas con máis de 800.000€ en total. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que oito deles dispoñen de máis de 83.000 metros de liñas de conexión, polos que recibirán preto de 780.000 euros.Concello | Aeroxeradores | Metros de liña | Subvención |
Cabana | 13 | 8.497 | 33.155 euros |
Coristanco | 27 | 13.654 | 62.033 euros |
Malpica | 69 | 1.208 | 101.009 euros |
Ponteceso | 63 | 18.713 | 109.041 euros |
Camariñas | 62 | 6.346 | 99.747 euros |
Vimianzo | 68 | 21.869 | 134.849 euros |
Zas | 28,5 | 7.087 | 52.974 euros |
Dumbría | 114 | 5.737 | 173.275 euros |
TOTAL | 445,5 | 83.111 | 767.517 euros |
Novas relacionadas
- Un novo equipo de excarcelación para o GES de Ponteceso e un Todoterreno para Protección Civil de Muxía.
- O canon eólico deixa 125.000€ en Vimianzo para obras de saneamento.
- Novas melloras para o saneamento de Mazaricos gracias aos 123 viraventos.
- Dumbría e outros 8 concellos da zona sanéanse co canon eólico.
- Muros e Carnota reciben axudas para aforrar enerxeticamente.
- Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico.
- Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica.
Fonte
- Xunta.