As corredoiras de Bergantiños prepáranse para a 14ª edición do Outono en Marcha de Senda nova

Este domingo arrinca a 14ª edición do pograma da Asociación Ambiental Senda Nova “Outono en marcha”. O Espazo de Natureza de Oza acollía esta semana a presentación deste ciclo de saídas polas corredoiras de Bergantiños, que trata de demostrar o compromiso co territorio dende a ferramenta sendeirista.
”As andainas como motor do coñecemento do patrimonio natural, cultural e paisaxístico”, explicaron na presentación.
Na serie de rutas cómpre destacar a interesante sorpresa de mesturar teatro e sendeirismo na primeira das andainas deste mesmo domingo, por Razo-Baldaio, tendo lugar no remate desta andaina a asistencia ao espectáculo “Costa da Morte, Cartografía dun naufraxio”, de María Lestón, que se desenvolverá a carón da propia praia de Razo, da man do FIOT.
A partir de aí as rutas serán por Carballo, Laracha e Coristanco. POden inscribirse ata 2 días antes do roteiro en sendanova@hotmail.com ou no 611 03 76 17.