martes. 27.01.2026
El tiempo

Cortada a AG-55 sentido A Coruña por unha colisión provocada pola saraiba

Imaxe dunha saida por saraiba na AG55
Imaxe dunha saída por saraiba na AG55 da semana pasada
Cortada a AG-55 sentido A Coruña por unha colisión provocada pola saraiba

Permanece cortada, en sentido Coruña a AG-55, tras un accidente acontecido ás 7:00h, no quilómetro 32,800, a altura do Punta del Este. Produciuse unha saída de vía seguida de colisión con outro turismo, debido á presenza de sarabia na calzada.

Como consecuencia do sinistro, dúas persoas resultaron feridas graves e quedaron atrapadas, sendo evacuadas polos servizos sanitarios.

Nestes momentos, o tráfico está a ser desviado no quilómetro 33 cara á estrada AC-552.

No lugar traballan patrullas de Tráfico (3) , unha patrulla de Seguridade Cidadá, persoal de mantemento da vía, Bombeiros e Policía Local.

Comentarios