Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Costa comeza a mobilizarse polo #8M

8m Costa da Morte 2021
A Costa comeza a mobilizarse polo #8M

Queda case un mes pero parece que a sociedade está preparada para ter outro Día Internacional da Muller Traballadora histórico. Despois das espectaculares manifestacións do ano pasado, este ano serán diferentes, pero semella que os colectivos sociais están dispostos a manter a incidencia.

Así por exemplo, os colectivos feministas da comarca (Sonlilá, Curandeiras, Círculo Feminista de Carballo e Buserana) xa están organizándose, e teñen convocada a asamblea aberta de galegas 8M Costa da Morte-Bergantiños. A cita será o venres 19 as 19:00h a través da plataforma jit.si, e invitan a todas as entidades ou mulleres a título persoal a participar.

Folga e Manifestación

Paralelamente, a CIG ten convocada folga de mulleres de 24 horas para este 8 de marzo, asíc omo unha serie de marchas. Unha terá lugar en Carballo, que sairá ás 11:30h dende o local sindical (situado na rúa Río Sil, 52) e discorrerá até a Praza do Concello, onde se realizará unha concentración ás 12 horas e se dará lectura a un manifesto.

folga-mulleres-8-marzo-2021-web-CIG

Coidados

Lembramos que o lema do ano pasado das manifestacións galegas do 8M eran “sen coidados non hai vida”. “Se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrirmos as máximas consecuencias da crise”, sinala a secretaria confederal das Mulleres da CIG, Margarida Corral.

Lembran que se pide “a fin da sobreexplotación nos traballos asalariados e nos fogares, rexeitando a elevada temporalidade e a precariedade laboral que afecta especialmente ás traballadoras”.

Novas relacionadas

Comentarios