Martes. 19.03.2024
El tiempo

As Costas da Morte en FITUR (III): 4 formas de vivir intensamente

Delegacion costeira coa CMAT na FITUR
Delegación costeira coa CMAT na FITUR
As Costas da Morte en FITUR (III): 4 formas de vivir intensamente

Xa vimos como foi a presentación do Gran Fondo Ézaro e La Vuelta, e as intervencións d@s alcaldes/as de Camariñas, Cee, Vimianzo e Muxía (que cedeu parte da súa intervención á asociación Muxía Natural) no stand de Tourespaña. Quedounos pendientes, da dispersa aparición da Costa da Morte no 40º aniversario da FITUR, a presentación da CMAT, no marco de Turgalicia, do proxecto “4 formas de vivir intensamente a Costa da Morte”.

Iso si, do que non poderemos ler nada será do Camiño dos Faros, o gran esquecido desta edición.

A CMAT, e Turgalicia: “4 formas de vivir intensamente a Costa da Morte”

Xose Regueira en Fitur coa CMAT e a Deputacion
Xosé Regueira na presentación da CMAT

Durante a tarde da primeira xornada da FITUR, a nova liña de promoción “Catro formas de vivir Costa da Morte intensamente” foi a protagonista da presentación tanto do presidente da CMAT, o alcalde muxián Iago Toba, do deputado de Turismo Xosé Regueira, como de Ovidio Rodeiro, o Delegado da Xunta na provincia coruñesa. Unha Xunta que intenou unificiar a imaxe de todos os Xeodestinos, e non permitiu certas presentacións singulares (como a de Muxía Turismo Natural) que tiveron que buscarse outros encontros.

A da CMAT servíu de “guinda” a todas as presentacións costeiras celebradas durante a mañá. “Guinda” servida de mar, tradición, maxia e natureza, esas 4 formas de vivir a comarca.

Abriu Xose Regueira, que resaltou un valor tan importante hoxe en día como a sostibilidade aplicada ao turismo. Nas súas palabras “Costa da Morte é un dos territorios máis sostibles” grazas a un modelo turístico non invasivo e alonxado da turistificación masiva doutras zonas.

Iago Toba presidente da CMAT en FITUR
Iago Toba presidente da CMAT en FITUR

Tomou a palabra Iago Toba que debullou os catro valores de marca que definen esta nova liña promocional da Costa da Morte: “Naturalmente salvaxe”, “Carácter mariñeiro”, “Máxica e espiritual” e “Tradicional e profunda”. Tralas súas palabras, proxectouse o vídeo promocional creado para Fitur grazas ás aportacións dos diferentes concellos que conforman o xeodestino.

Pola súa parte, Ovidio Romero insistiu na “posta en valor dos recursos propios a especializar a oferta e desestacionalizar a chegada de visitantes, sempre con dúas premisas: a calidade e a sustentabilidade a todos os niveis”. Quixo recordar que a Xunta pon 115.000 para o desenvolvemento da nova campaña de promoción turística desenvolta por unha consultora para a CMAT-Costa da Morte Asociación de Turismo, e tamén lembrou o apoio da Consellería de Cultura en varias festas tradicionais da comarca.

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas chega ao centro de Madrid

Xa limos a presentación oficial da Mostra no stand de Turespaña, pero a delegación camariñá aproveitou para comprobar unha das accións de promoción que veñen de contratar no corazón da capital de España. Do 22 ao 29 de xaneiro proxéctase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano, afianzando a Mostra como unha das pasarelas de moda de referencia de España durante a Semana Santa.

A Mostra do Encaixe no cartel do Cine Callao de Madrid

FITUR 2020

Máis crónicas da FITUR

Comentarios