Mércores. 24.04.2024
El tiempo

7 concentracións na Costa da Morte en repulsa ao asasinato homófobo de Samuel

213458047_10226208321742786_7890366902408486197_n
7 concentracións na Costa da Morte en repulsa ao asasinato homófobo de Samuel

Ducias de concentracións por todo o país se celebran este luns 5 de xullo en repulsa ao asasinato de Samuel. Un suceso acontecido esta fin de semana, cando uns mozos daban unha malleira a Samuel, un veciño da Coruña de 24 anos, acabando coa súa vida.

A reacción foi inmediata e a sociedade demostra o seu rexeitamento a esta clase de sucesos homófobos.

  • En Laxe (ás 20:30’h na Praza Ramón Juerga).
  • En Cee (ás 20:30h na Praza 8 de marzo).
  • En Carballo (ás 20:00h diante do Concello).
  • En Camariñas (ás 12:00 diante do Concello.
  • En Malpica (ás 20:00h diante do Concello).
  • En Vimianzo (ás 20:00h diante do Concello).
  • En Ponteceso (ás 20:00h na Praza do Recheo).

Dende o Concello de Camariñas, por exemplo, a responsable da área de Igualdade Begoña Tajes incide en que “non podemos tolerar que, en pleno 2021, a lgtbifobia siga formando parte das nosas vidas. Tocoulle a Samuel pero, por desgraza, isto poderíalle pasar a calquera fillo/a, amigo/a. Por iso, é preciso loitar para erradicar toda a violencia homófoba nas nosas rúas”. Coa concentración deste luns buscará, precisamente, reivindicar xustiza para Samuel co fin de que tales feitos non volvan ocorrer.

Novas relacionadas

Comentarios