Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte mobiliza a pesca artesanal toda Galicia contra o Regulamento Europeo de Control da Pesca

Imaxe dunha embarcación fisterrá nas mobilizacións de 2012 contra os TACs
A Costa da Morte mobiliza a pesca artesanal toda Galicia contra o Regulamento Europeo de Control da Pesca

Contabamos esta semana o gran malestar xerado no sector da pesca artesanal costeira trala aprobación do novo Regulamento de Control da Pesca no Parlamento Europeo. Unha medida que obrigará a máis de 4.000 pequenas embarcacións de ates menores de toda Galicia a instalar xeolocalizadores, cámaras e diarios de abordo para aumentar o control.

Unha nova iniciativa que “criminaliza” o sector, que se cimenta na mesma problemática de sempre: a falta de diferenciación entre a pesca artesanal de baixura e a pesca industrial.

A “disconformidade” no sector provocou que dende os pósitos máis comprometidos da nosa comarca comezasen a facer xestións para unir o sector en toda Galicia. Unhas xestións, arrincadas en Corme, que contou co apoio total de todas as Confrarías de Galicia e o impulso da Federación de Confrarías, que leva a convocar un paro de protesta para este vindeiro venres 26 de marzo.

A idea é visibilizar o paro con protestas ern cada peirao, cos barcos engalanados de pancartas, facer soar as bocinas… e involucrar a toda a veciñanza neste novo ataque á pesca artesanal.

 

Novas relacionadas

Comentarios