Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte vólcase co Día de Rosalía

Mon Lendoiro pinta o dia_de_rosalia_2022
A imaxe de Mon Lendoiro, icono do Día de Rosalía para Carballo e para o resto da comarca
A Costa da Morte vólcase co Día de Rosalía

Parece afianzarse este ano como cita obrigatoria en todos os Concellos da Costa da Morte. O Día de Rosalía celébrase este ano, por primeira vez, o 23 de febreiro, unha vez que a Fundación Rosalía de Castro ven de comprobar que esa é a auténtica data de nacemento da poeta, non o 24 como se viña realizando.

E a comarca vólcase como o comprobamos repasando varios programas municipais:

En Carballo

A Concellaría de Normalización Lingüistica prepara unha actividade para o mesmo mércores 23, a partir das 20.30 horas, na rúa Coruña. O lateral das antigas escolas do Xardín servirán como soporte dunha ilustración de Rosalía de Castro creada polo artista carballés Mon Lendoiro, e que, tal como indica a concelleira Maruxa Suárez, converterase a partir de agora na imaxe da poeta que utilizará o Concello de Carballo. Esa imaxe aparecerá plasmada non só na parede das vellas escolas, senón tamén nunha chapa que se repartirá entre todas as persoas asistentes ao acto e tamén nas bibliotecas.

O acto, que se chove pasará a celebranse na planta alta do Mercado, contará co pintor Mon Lendoiro, coa actuación de “Quercus Blues”, e cun recital aberto á cidadanía.

En Carnota

Dia de Rosalia 2022 en Carnota

Por Carnota tampouco queren deixar pasar a oportunidade de lembrala e formualan un par de actividades nos centros de ensino, e tamén para o 23 de febreiro realizarase unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro, aberta á toda a veciñanza, organizada conxuntamente polo Concello de Carnota e a Libraría Chorima. O acto terá lugar a partir das 12.00 h, na Praza de Galicia, fronte á libraría. Quen desexe participar pode achegarse ao lugar cun texto da autora xa escollido ou elixir algún dos que teremos dispoñibles para a lectura. Haberá bolígrafos conmemorativos para as persoas participantes.

En Malpica

Dia de Rosalia en Malpica

Dúas iniciativas prepara a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes: o Caldo de Gloria e unha alborada.

O Caldo de Gloria desenvolverase nos bares, que porán un pincho, nos viños do mediodía e da noite un Caldo de Gloria (segundo da receita que a poeta describe no poema “Miña terra, me lar). Os establecementos poden unirse e o COncello e a Fundación de Rosalía entregará un cartel e manteis co poema Miña casiña.

Ademais, Malpica súmase s á Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiter@s Galeg@s a todas e todos as/os gaiteiras/os e músicos do concello para dar unha alborada de gloria na honra da poeta, a partir do 19 de febreiro, polas rúas, camiños, prazas e lugares do Concello, interpretando Alborada para Rosalía e/ou outras pezas e compartilas nas redes sociais.

Na Laracha

Tres xornadas con eventos na Laracha pola data, pensados para todos os públicos. O propio mércores 23 de febreiro pola tarde haberá unha dobre proposta. O público infantil (nenos de entre seis e dez anos de idade) está convidado a participar na xornada lúdico-didáctica Xogando con Rosalía que realizará a compañía Proyecto Bulubú no centro sociocomunitario de Caión a partir das 18:00 horas.
Ese mesmo día desde as 19:00 horas a biblioteca municipal da Laracha acollerá o recital para adultos “No bico un cantar: celebramos a Rosalía” a cargo da actriz Carmen Conde.

O xoves 24 na Casa da Cultura da Laracha a partir das 18:00 horas a actriz e titiriteira Larraitz Urruzola porá en escena o espectáculo infantil A viaxe de Rosalía, valéndose de monicreques, música, obxectos e ferramentas de narración oral tradicionais para expoñer as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía de Castro.
O programa pecharase o venres 25 co contacontos A miña historia a cargo da compañía Trémola Teatro que terá lugar no centro sociocultural de Paiosaco desde as 18:00 horas.

Dia de Rosalia na Laracha

En Santa Comba

Por partida doble celebran estas festas da lingua en Santa Comba. O 21, co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, o Concello apoia a data con esta imaxe.

Xa arredor do Día de Rosalía, o Concello invita a participar nun vídeo con lecturas de poemas da barda, que podedes enviar ao 663 729 177.

Dia da lingua Materna e de Rosalia en Santa Comba

En Cabana

O calendario de actividades do trimestre en Cabana comezará o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, coa visita teatralizada da poeta e o seu marido, Manuel Murguía, á biblioteca municipal María Baña. O evento estará a cargo da rapazada da Escola de Teatro e contará con música e poemas en vivo para homenaxear a unha das nais das Letras Galegas. Para asistir será necesario inscribirse chamando ao 981 754 020.

&nbs

Comentarios