Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa ponse o maillot do Gran Camiño

  • Guía práctica para disfrutar, e non sufrir a volta da Volta Ciclista á Galicia
Foto Kike Abelleira do Gran Camino
Foto de Kike Abelleira da primeira etapa do Gran Camiño
A Costa ponse o maillot do Gran Camiño

Outra vez o ciclismo volve converterse en gran dinamizador turístico da Costa da Morte. Neste caso de toda Galicia, gracias á potente Volta a Galicia "O Gran Camiño".

A proba, que conta con grandes do pelotón internacional como Alejandro Valverde, que chega arrroupado por un gran equipo Movistar, arrincaba onte coa primeira das catro etapas, disputada entre O Porriño e Vigo, e que vencía Magnus Cort ao sprint.

A de hoxe seguro que non remata no sprint (acaba no Alto do Ézaro), e será a gran cita para a Costa da Morte, pois a proba arrinca ás 10:30h en Bertamiráns e atravesará boa parte da nosa comarca.

Entrará dende Negreira por Santa Comba, pola zona do campo da feira, onde haberá Meta Volante, arredor das 11:45, onde hai preparada unha espectacular benvida, coa participación de todos os centros de ensino engalanados coas bandeirolas da nova imaxe municipal. Haberá restricións de tráfico desde as 11:00 ata as 12.30 horas da mañán aproximadamente, e ademais estará prohibido o aparcamento na Avenida Alfonso Molina desde Deportes Alvite ata Almacenes Carracedo desde o día anterior a partir das 20:00 horas.

Tras pasar por Santa Comba, os ciclistas dirixiranse á Costa da Morte pola estrada de Coristanco-Carballo.

Xa en Carballo (entre as 12:23 e as 12:38, o percorrido será o seguinte: avenida de Fisterra, Alexandre Bóveda, Luis Calvo (onde estará situada a meta volante, á altura da Praza da Cruz Vermella), Poñente, Fábrica e avenida de Malpica.

De Carballo tirarán cara Buño, onde xirarán cara Ponteceso. Precisamente na Avenida Eduardo Pondal haberá unha parada de Avituallamento entre as 12:52 e as 13:10h.

Cruzarán a ponte do Anllóns e se dirixirán a Cabana e Laxe. De Laxe á Ponte do Porto pola AC-433 (entre 13:34 e 13:59), e de aí a Muxía, onde chegarán ao Santuario entre as 13:58 e as 14:25.

De aí collerán a DP-2303 cara Cee, onde haberá unha Meta Volante (14:26-14:58).

E de Cee xa collerán dirección o temido Alto do Ézaro, a onde chegarán entre as 14:43 e as 15:18.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios