Mércores. 09.10.2024
El tiempo

COVID: 6 Concellos seguirán en Nivel Alto de restricións

A curva segue baixando
Captura de pantalla 2021-08-25 a la(s) 07.39.07
COVID: 6 Concellos seguirán en Nivel Alto de restricións

Anunciaba este martes o Conselleiro de Sanidade o novo mapa de restricións que será operativo dende o vindeiro sábado 28. Con algunha pequena variación con respecto ao actual mapa, pero con aínda 15 concellos directamente afectados:

  • Nivel Alto: Camariñas, Cee, Fisterra, Laxe, Muxía e Vimianzo.
  • No Nivel Medio: Baixan Cabana e Malpica ao Nivel Medio, quedando cos de Carballo, Corcubión, Ponteceso, Santa Comba e Zas.
  • Nivel Baixo: Baixan Laracha, Coristanco e Muros, xunto aos que xa estaban: Dumbría, Mazaricos, Carnota e Muros.

Captura de pantalla 2021-08-25 a la(s) 07.24.38

Os datos

Seguen baixando o número de casos detectados en toda a bisbarra, sobre todo en Bergantiños, sendo 124 casos menos detectados nos últimos 14 días que hai exactamente unha semana (eran onte 552 casos). De feito, a taxa de incidencia acumulada a 14 días pasa de 500 a 420 casos por cada 100.000 habitantes. Aínda concellos como Coristanco, Laxe, Zas, Camariñas, Fisterra ou Muxía (a maior subida pasando de 38 a 53 casos detectados nos últimos 14 días) superan a barreira de 500 casos.

Novas relacionadas

Comentarios