COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3
Xa co novo estado de alarma operativo, os datos de incidencia do coronavirus seguen aumentando na comarca. Son xa 9 os concellos con máis de 7 caso activos (Carnota é último en sumarse), tendo que destacar que xa son 4 concellos en nivel 3 (con máis de 21 casos activos na última semana para concellos de menos de 50.000 habitantes). Á Laracha, súmanselle Carballo, Muros e Vimianzo.
Unha circunstancia, a do concello soneirán, que chama a atención, despois de que a CIG de hai apenas 3 días denunciara que “a Xerencia da área sanitaria de A Coruña-Cee está a dar información falsa acerca do gromo de covid-19 do centro de saúde de Vimianzo”.
En Nivel 2 atopamos os Concellos de Malpica, mentres que en nivel 1 aparecen Carnota, Laxe, Ponteceso e Santa Comba, mentres cae Zas.
En calquera caso, no Hospital Virxe da Xunqueira segue sen haber nin un só ingresado.