Martes. 02.03.2021
El tiempo

Un novo estado de alarma para unha nova onda

Imaxe nocturna de Vimianzo
Imaxe nocturna de Vimianzo
Un novo estado de alarma para unha nova onda

A evolución negativa que os datos epidemiolóxicos veñen experimentando nas últimas semanas, unido á petición de medidas restritivas por parte de Comunidades como Murcia, Catalunya ou Euskadi provocaron hoxe unha xuntanza extraordinaria do Consello de Ministros.

A consecuencia desta, ven de se decretar un novo estado de alarma, que vimos a analizar e comentar, agora que as súas normas reitoras xa foron publicadas no BOE:

No momento no que escribimos este artigo, o Goberno galego non publicou normas específicas ao abeiro deste Real Decreto, pero cremos que é previsíbel que o faga.
En calquera caso, seguen en vigor as medidas que xa se están aplicando agora

Do mesmo xeito que aconteceu no anterior estado de alarma, recordámosvos que estamos ao voso dispor para solucionar calquera dúbida ou cuestión que teñades ao respecto deste novo escenario.


Que se aprobou exactamente? Volvemos ao confinamento?

Non. Non imos volver (neste punto) a un novo confinamento.
A aprobación do estado de alarma responde, entre outros factores, a unha necesidade técnico-xurídica: as restricións xerais do dereito á liberdade de movemento esixen declarar un estado de alarma.
É dicir, as Comunidades Autónomas vían limitada a súa capacidade de tomar decisións neste escenario epidemiolóxico adverso.

Con este estado de alarma, o Goberno do Estado abre a porta para que as Comunidades Autónomas poidan tomar decisións, ao abeiro do marco de xogo que crea.


Cales son as medidas recollidas e quen terá capacidade para decretalas?

A diferencia do que vimos no primeiro estado de alarma, neste caso as medidas non son tan restritivas, e xiran sobre estes puntos:

    1.    Limitación horaria ou "toque de queda".
    2.    Movemento restrinxido entre Comunidades.
    3.    Capacidade reducida en xuntanzas e eventos.

Moita atención ao xogo destas medidas. 

As únicas que entran en vigor xa para todo o Estado son as que se refiren ao "toque de queda". 
As restantes dependen de cada Comunidade (así nolo indica o artigo 9.1 do novo Real Decreto). É dicir, até que o Goberno da Galiza non diga que está pechada a outras Comunidades, non hai limitación para saír ou entrar ao territorio.

Con respecto á limitación de movemento entre territorios e á capacidade en xuntanzas, as medidas serían solicitadas por cada Comunidade ao Ministerio de Sanidade, e aplicadas despois en períodos non inferiores a unha semana. En principio serían as medidas reflectidas no Real Decreto, nas que as Comunidades poderían despois modular, flexibilizar ou matizar a regulación do Goberno.


Vexamos as medidas en funcionamento:

    •    O Goberno establece que, de 23:00h a 06:00h non se poderá deambular pola rúa se non existe causa xustificada.
    ◦    Os gobernos autonómicos poderán fixar limites temporais unha hora por riba ou por baixo dese límite xeral (podería empezar ás 22:00 ou ás 00:00, e finalizar ás 05:00 ou ás 07:00h).
    (Insistimos: esta medida é a única que entrou en vigor o domingo 25 de outubro)
 
    •    O Goberno prohibirá o tránsito entre Comunidades, se non concorre algún dos motivos que o permite
    ◦    As autonomías poderían limitar o movemento entre territorios interiores. Por exemplo entre Provincias ou entre Municipios
 
    •    Limítanse as xuntanzas a 6 persoas en espazos públicos (interiores e exteriores), sempre que se trate de non convivintes
    ◦    As CCAA poderían modular estes limites, reducíndoos, ou flexibilizándoos incluso.


Cales serían as causas xustificadas para a mobilidade nocturna?

  • a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade
  • b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios
  • c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia
  • d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais. 
  • e) Retorno o lugar de residencia habitual tras realizar algunha das actividades mencionadas
  • f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerábeis. 
  • g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade. 
  • h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. 
  • i) Abastecernos en estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades indicadas


Insistimos de novo: esta limitación da mobilidade si entrou en vigor e si se aplica na Galiza.


Serían as mesmas as causas para a mobilidade entre Comunidades?

Non serían.
En xeral, poderiamos tamén ir a outras Comunidades para ir  a centros educativos (universitarios mais tamén de educación infantil, primaria e secundaria), acudir a entidades financeiras (se se trata dun territorio limítrofe), presentarnos en Xulgados e Notarías, renovar documentación e realizar de exames e probas oficiais.

Esta medida non entrou en vigor no país, e non o fará até que a Xunta así o decida.


Canto entran en vigor as novas medidas? Até cando estarán en vigor?

A medida que se refire ao toque de queda entrou xa en vigor.
As restantes (´prohibición de saír ou entrar á Galiza e límites nas reunións e eventos) entrarán en vigor cando o Executivo galego así o decida.

En principio durará este novo marco de xogo até o 9 de novembro, pero pode prorrogarse. 
Semella que a intención do Executivo é facelo durar até o 9 de maio do ano 2021, por suposto variándose a súa intensidade en función da situación sanitaria.
 

  • Miguel Vieito Villar.

comentarios