COVID: Doblando a curva
Con só 4 concellos cosfteiros sen restricións, e mentres agardamos as novidades do Comité Clínico, os datos de novos contaxios seguen sendo moi altos en comparación co último ano de pandemia.
En calquera caso, se ben a Costa da Morte segue sumando unha taxa de incidencia acumulada a 14 días en máis dos 500 novos casos por cada 100.000 habitantes, semella que xa pasamos o cumio, e conseguimos doblar a curva.
Clave semella a baixada durante a última semana dos datos no Concello de Carballo. Un descenso que, pola contra, equipárase coa subida do resto de Concellos de Bergantiños, deixando practicamente as mesmas cifras que a semana pasada.
No resto da bisbarra, importante aumento nos Concellos de Zas, Muxía ou Fisterra, pero tamén importante baixada en Muros e Carnota.
Cribados
Xa chegaron os resultados dos cribados poblacionais entre a mocidade de entre 16 e 25 anos realizados en Laxe e Fisterra a pasada semana.
- Laxe: Citados 168, acuden 85. Positivos 1
- Fisterra: Citados 287, acuden 124. Positivos 2