COVID: Os hostaleiros dos Concellos con restricións non terán que pedir o certificado Covid
O TSXG declara que a obriga de presentar o certificado COVID-19 en locais carece de vixencia. Os maxistrados aseguran que a Xunta non enviou ao alto tribunal galego para a súa aprobación a orde do 22 de xullo que contiña esa medida restritiva de dereitos fundamentais.
Os xuíces denegan pois a suspensión cautelarísima dese requirimento solicitada pola Asociación Liberum e por hostaleiros de Santiago porque carece de vixencia en Galicia.
“Este anómalo proceder por parte da Xunta induciu a confusión”, indican os maxistrados, que explican que na resolución emitida a semana pasada na que denegaron a medida cautelarísima solicitada pola Asociación de Empresarios Lugo Monumental para que se suspendese, sen escoitar as razóns da Xunta, a obriga de presentar o certificado “non se fixo ningunha mención ás razóns que se expoñen nestes autos ao dar por sentado que as medidas a cuxa suspensión se instaba foran sometidas á previa autorización do TSXG”.
Novas relacionadas
- 10-08-2021: COVID: Só 4 concellos quedan sen restricións.