Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Creado un ente intermunicipal para xestionar o "Proxecto Anllóns"

Formalizado o ‘Proxecto Anllóns’ entre 5 concellos bergantiñáns e a Deputación

ANLLONS 2
Creado un ente intermunicipal para xestionar o "Proxecto Anllóns"

En xullo arrincaba o Proxecto Anllóns, e este venres 24 de setembro formalizouse cunha vixencia de 4 anos e pendente da aprobación nos devanditos plenos. A Deputación da Coruña e os alcaldes dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso asinaron o convenio que permitirá crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar a promoción turística sostible arredor dos 54 km do río que vertebra a comarca de Bergantiños.

Un órgano colexiado que se denominará Consello de Dirección e que estará formado por dous representantes de cada unha das 6 administracións.

O Plan incluirá accións para a recuperación e posta en valor da arquitectura tradicional e a paisaxe natural dos bosques de ribeiras do Anllóns, así como accións de erradicación da flora alóctona e plantas invasoras en ámbitos próximos ao río, que serán complementadas con accións divulgativas entre a comunidade escolar

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira explica que o “proxecto pretende poñer en valor, en primeiro lugar, a riqueza ecolóxica e a biodiversidade do trazado do río Anllóns, mais tamén desenvolver accións relacionadas co patrimonio innmaterial e mesmo coa identidade cultural relacionada co propio río”. Neste sentido, salienta a importancia do propio trazado do río que nace na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha, desemboca no estuario de Anllóns, en Ponteceso.

Terase en conta o patrimonio inmaterial e á identidade cultural relacionada co río Anllóns, como poden ser a recuperación de sendeiros de pescadores, a posta en valor de lendas e de historias de tradición oral ou iniciativas relativas a infraestrutuas fluviais como minicentrais ou muíños de batán. 



 

Comentarios