Martes. 16.04.2024
El tiempo

Críticas do BNG comarcal pola nova xeira de pucheirazos co voto emigrante

Críticas do BNG comarcal pola nova xeira de pucheirazos co voto emigrante

Chegan eleccións e voltamos cos problemas de sempre. A polémica co voto emigrante volve unha e outra vez á actualidade e ospolíticos seguen sen solucionar un problema que a meirande parte dos grupos do parlamento explota ilegalmente.

Hoxe, o que pide a parálise das malas prácticas para co voto emigrante. O voceiro comarcal Oscar Insua denuncia que "se abre a veda para os pucheirazos co voto da emigración", e asegura que ”manipular o voto emigrante é de políticos miserables”.

A todo isto, hai que lembrar a importancia do voto emigrante nunha zona como a nosa e mais en toda Galicia. Os datos son claro e na bisbarra unha de cada catro persoas da Costa da Morte vive fóra.

Decisións da Xunta Electoral Central

Vai máis alá o BNG, que recurreu as últimas decisións adoptadas pola Xunta Electoral Central o pasado día 6 para emisión do voto emigrante, dos residentes ausentes, que permiten enviar varias solicitudes de voto nun mesmo sobre e que mesmo se presenten por fax. "As últimas modificacións da Lei electoral que correxiron o voto emigrante para que este fora rogado e individual, non serviron de nada, despois de ver as resolucións do organismo electoral", denuncian dende a oposición que consideran que esto supón a "apertura da porta ao fraude masivo dos residentes ausentes".

"Na Costa da Morte comezaron as argalladas"

Para o BNG, con estas decisións da XEC, "non é de extrañar, que algúns políticos e expolíticos da comarca comezaran a súa particular campaña no extranxeiro, recopilando datos dos emigrantes para precociñar o fraude electoral. Estes días comprobouse que o ex-alcalde de Cee non só viaxa a Bos Aires a escoitar Tangos e visitar a familia, senón que acudiu como representante do Partido Popular, a recoller datos personais dos emigrantes para logo pecharlles o sobre coa papeleta. Para o Bloque da comarca aínda é máis indignante que o admitira nos medios de comunicación sen ruborizarse".

Insua, indicou en relación a decisión da Xunta Electoral Central que “en vez de avanzar, retrocedemos nas garantías do voto emigrante, non sei para que se corrixen as leis, se logo non se aplican co espirito da reforma. A este paso poderán votar cun SMS”.

Novas relacionadas

Artigos sobre a Emigración de Manuel Suárez

Fonte

  • Nota de prensa do BNG Comarcal.

Comentarios