Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Antonio Domínguez fai campaña pola súa conta en Arxentina

Antonio Domínguez fai campaña pola súa conta en Arxentina

Disputa interna no PP trala viaxe de Antonio Domínguez a Arxentina. Ao igual que sucedera co coa axente electoral socialista de Muxía en Bos Aires, desta volta foi o ex alcalde de Cee o que se permitiu facer campaña do PP ao outro lado o Atlántico. E xa tivo que saír o PP provincial deixando claro que "Domínguez viaxou a Arxentina a título persoal e pola súa conta e risco" e que "non forma parte de ningún comité de campaña".

O PP provincial reincide en que Domínguez "non é encargado de partido para as eleccións do 20-N", pero que "o Partido Popular non priva a ningún militante de colaborar nas campañas.

Domínguez enviou unha carta a centos de emigrantes galegos na Arxentina solicitando o voto para o "seu" partido. Na mencionada carta, Domínguez pedía o DNI ou o pasaporte aos emigrantes galegos "única e exclusivamente para acreditar a nacionalidade dos participantes no acto que está organizando con veciños de Costa da Morte", segundo o ente provincial. "En ningún momento pediu esta documentación para asegurarse o voto", tratan de explicar".

Así, o Partido Popular quere recordar que "debido á reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que entrou en vigor as pasadas eleccións municipais, a persoa que presenta o seu DNI en calquera acto, non está outorgando o voto a ningún partido".

En canto ás declaracións vertidas por Marisol Soneira, "ao Partido Popular non lle cabe ningunha dúbida de que fai alusión a prácticas que ela coñece á perfección, segundo pódese extraer do caso da axente electoral de Muxía.

Candidata do PP para o 20N na Costa da Morte

Por outra banda, a área de Carballo e Costa da Morte na campaña para as eleccións do 20N, estará representada por Margarita Varela Lema, edil de Carballo e sétima da lista ao Congreso.

Novas relacionadas

Fonte

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/populares/piden/DNI/asistir/acto/Feijoo/Argentina/elpepuespgal/20111015elpgal_3/Tes

Comentarios