Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cruz Vermella Soneira prepara unha charla contra timos e roubos 

Prevención de robos y timos - Vimianzo2019 copia
Cruz Vermella Soneira prepara unha charla contra timos e roubos 

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Terra de Soneira, en colaboración coa Garda Civil, vai celebrar o próximo 6 de febreiro, ás 17:00 horas, unha charla informativa sobre “Prevención de timos, roubos e abusos ás persoas maiores” na sala de conferencias da Casa da Cultura de Vimianzo. 

Durante aproximadamente unha hora e media, o persoal da Garda Civil dará a coñecer cales son os tipos de roubos más comúns, e ofrecerá recomendacións básicas para o domicilio, coma non deixar as ventás pechadas cando te vas de vacacións ou non abrir a porta a ninguén que non coñezas, entre outras.

Ademais, aínda que as persoas maiores non son usuarias moi activas das novas tecnoloxías, durante a charla daranse a coñecer tamén algúns dos timos máis comúns que se producen en Internet.  Trátase dunha charla gratuíta con límite de aforo.

As persoas interesadas en recibir máis información poden poñerse en contacto coa asemblea de Cruz Vermella, ben persoalmente na sede situada na Rúa A Torre, número 5, ou a través do teléfono 981 717 136. 

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Bo Trato ás persoas maiores: promoción do trato axeitado e protección fronte ao maltrato”, cuxo obxectivo é protexer ás persoas maiores fronte a calquera tipo de maltrato, promovendo un modelo de convivencia baseado no respecto dos seus dereitos, así coma a promoción da súa calidade de vida. 

Novas relacionadas

Comentarios