Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Operación Boludo: Deteñen in fraganti aos dous autores do roubo no banco da Ponte do Porto

Operación Boludo: Deteñen in fraganti aos dous autores do roubo no banco da Ponte do Porto
Detido o autor do roubo no Banco Pastor da Ponte do Porto Detido o autor do roubo no Banco Pastor da Ponte do Porto Detido o autor do roubo no Banco Pastor da Ponte do Porto O autor utilizaba unha máscara de látex Longa historia teñen detrás os dous autores do roubo este pasado xoves 17 de xaneiro no Banco Pastor da Ponte do Porto, que eran detidos, “in fraganti”, pola Garda Civil arredor das 14:00h. A Benemérita viñan tras deles despois de varios meses de investigación, dende que en xullo de 2017 supostamente atracaran xa unha sucursal bancaria en Oza dos Ríos. Dende aquela estes dous veciños da zona da Coruña, con múltiples antecedentes penais (un deles cumple aínda o terceiro grao no Centro de Inserción Social CIS da Coruña), estaban sendo seguidos. Tiñan un protocolo moi coidado e formulado, e roubaban en oficinas lonxe da súa residencia. Utilizaban ata 4 coches por operación e estudiaban cada caso pormenorizadamente, mesmo preparando un lugar apartado para evitar ser detectados en posibles controis. Sempre operaban do mesmo xeito, sendo só un o que entraba na sucursal máscara de látex moi fina que só desfiguraba a cara, armado cunha pistola, mentres o outro esperaba fóra estacionado para recollelo e emprender a fuxida. Sempre eran sucursais bancarias de pequenas vilas con pouco movemento. Así conseguiran uns 10.000€ en Oza dos Ríos, uns 26.500 en xaneiro de 2018 en Begonte (Lugo), uns 81.000 en Puente Ledesma en agosto do mesmo 2018; uns 3.330 en Vilardevós en decembro de 2018; ou uns 5.400 en Lobeira o pasado 3 de xaneiro. Puido ser precisamente o “escaso” valor conseguido nos dous últimos toubos o que propiciou que repetisen operación en tan só 3 semanas, non esperando meses como viñan realizando no pasado. Ata que este pasado xoves, a Garda Civil conseguía deter ao atracador que entrara na sucursal do Banco Pastor da Ponte do Porto, que saía correndo tras surxir problemas para facerse co botín. Tras unha persecución a pé, a Garda Civil conseguía detelo co seu “traxe de operacións” mentres que o que esperaba no vehículo conseguía, en principio, escapar. Despois de circular por vías secundarias, colleu unha pista forestal onde estacionou o vehículo. Esta manobra foi vista polos axentes que os seguían a unha distancia prudencial, conseguindo tamén proceder á súa detención cando intentaba desfacerse dos efectos que portaba no maleteiro que podían incriminarlle tamén os feitos, tales como maquillaxe, pelucas e máscaras. Un dos detidos pola garda Civil na Operacion Boludo O segundo autor dos delitos, que esperaba no vehículo, foi detido nunha pista forestal Os detidos foron postos a disposicón do Xulgado de Instrución nº1 de Santiago, que decretou prisión sen fianza, acusados de roubo con intimidación en entidade bancaria. Material requisado na operacion Boludo Material de camuflaxe requisado na operacion Boludo

Novas relacionadas

Comentarios