Denuncian que o Sergas debe 2 millóns de euros aos establecimentos ortopédicos da área sanitaria A Coruña-Cee

Reuniase onte o grupo parlamentar do BNG co presidente de ATOGA (asociación de Técnicos ortopédicos de Galicia), Juan Santos Chouza e con titulares de establecementos ortopédicos da Costa da Morte para escoitar as reivindicacións do sector, que solicitan cambios na xestión e dispensación de productos ortoprotésicos.
As deputadas Montse Prado, Iria Carreira e Oscar Insua escoitaron a Santocs Chouza e a Mariam Fuentes, titular dunha ortopedia no concello de Cee, que debullaron a problemática diaria que teñen estes establecementos cando dispensan todo tipo de produtos ortoprotésicos aos pacientes da área sanitaria, mais a principal preocupación centrouse na débeda que teñen co SERGAS.
A asociación estima que a Área sanitaria da Coruña-Cee debe máis de 2 millóns de euros ás ortopedias, que levan dende o mes de xaneiro sen cobrar, sen recibir o importe dos produtos que dispensaron, unha situación que se repite ano tras ano, e que o SERGAS é incapaz de desbloquear cando aproba os seus orzamentos.
Esta área sanitaria é a única de toda Galicia que arrastra unha débeda coas ortopedias, xa que as demais pagan en tempo e forma,
Dende a formación nacionalista sinalan que “imos a exixir no parlamento que o SERGAS, na área da Coruña-Cee, pague o que debe, porque as ortopedias son pequenos comercios que non poden convertirse en oficinas financieiras dun sistema que fai auga pola nefasta xestión sanitaria do Partido Popular”