Luns. 29.04.2024
El tiempo

O proxecto "Fogóns do Anllóns” abre o procedecemento de contratación da secretaria técnica

Reunión Os Fogóns do Anllóns
O proxecto "Fogóns do Anllóns” abre o procedecemento de contratación da secretaria técnica

O vicepresidente de deputado da área de Turismo Xosé Regueira organizou este luns unha xuntanza cos representantes dos cinco concellos integrantes (Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laracha, Carballo e Coristanco). Unha cita para analizar conxuntamente o estado do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Os fogóns do Anllóns”, e formular os novos pasos a dar. 

O proxecto, concibido para ofrecer un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e sostible, ten como obxectivo cumprir cos catro eixos transversais que os fondos Next Generation esixen para acceder ás súas axudas: transición verde e sostible; mellora da eficiencia enerxética; transición dixital e competitividade.

Actualmente, o proxecto comezou o procedemento de contratación da secretaria técnica, así como o investimento do 30% inicial de fondos, nunha xuntanza na que se abordou tamén a liña de subvencións para a mellora da imaxe dos establecementos de hostalería. Así mesmo, informouse sobre a localización dos miradoiros e as áreas de aparcamento, e sobre a sonorización do río, para o que se pediu a cooperación de todos os axentes implicados.

Os concellos, pola súa parte, trasladaron a necesidade de que se fagan as xestións posibles desde Augas de Galicia e a Consellería de Medioambiente para obter permisos que lles permitan levar a cabo actuacións integrais no ámbito do sendeiro do cauce.

Ademais, acordouse a celebración dunha reunión mensual de todo o comité impulsor. A vindeira será o 4 de abril, e nela vaise rotar a presidencia que agora está en Cabana de Bergantiños, e pasará a Ponteceso.

Comentarios