martes. 03.03.2026
El tiempo

A Deputación pon en valor o investimento de case 700.000€ na creación de emprego na Costa da Morte

PEL CONCELLOS 3
A Deputación pon en valor o investimento de case 700.000€ na creación de emprego na Costa da Morte

A Deputación da Coruña destina este ano preto de 3,5 millóns de euros á contratación de máis de 400 persoas desempregadas a través do programa PEL-Concellos, unha das principais liñas do Plan de Emprego Local (PEL), orientada a fomentar a inserción laboral e a mellorar a prestación de servizos municipais.

Na comarca, son case 700.000€ os investidos no PEL, no que se potencia o apoio aos Concellos de menos de 20.000 habitantes, quedando excluído o Concello de Carballo. 

O PEL-Concellos presta especial atención aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, persoas con discapacidade, fogares sen emprego ou persoas en risco de exclusión social. Como novidade este ano, inclúense de forma expresa as persoas menores de 30 anos entre os colectivos prioritarios.

PEL-Concellos presta especial atención aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, persoas con discapacidade, fogares sen emprego ou persoas en risco de exclusión social. Como novidade este ano, inclúense de forma expresa as persoas menores de 30 anos entre os colectivos prioritarios.

PEL CONCELLOS 2026
Cabana de Bergantiños 31.000,00€
Camariñas 40.000,00€
Carnota 34.000,00€
Cee 49.000,00€
Corcubión 31.000,00€
Coristanco 43.000,00€
Dumbría 31.000,00€
Fisterra 37.000,00€
Laracha (A) 52.000,00€
Laxe 31.000,00€
Malpica de Bergantiños 40.000,00€
Mazaricos 30.999,87€
Muros 43.000,00€
Muxía 34.000,00€
Ponteceso 37.000,00€
Santa Comba 52.000,00€
Vimianzo 37.000,00€
Zas 31.000,00€
TOTAL
COSTA DA MORTE
683.999,87€

Comentarios