Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación tamén promociona o Camiño a Fisterra-Muxía na feira de Londes

Uk Camino Ingles 3
A Deputación tamén promociona o Camiño a Fisterra-Muxía na feira de Londes

Xa vimos a labor de Solpor na World Travel Market de Londres. Pero a entidade costeira non está soa. Xunto a ela hai unha completa expedición provincial. A área de Turismo da entidade provincial está a promocionar o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía.

UK Camino Ingles 2

Ata Londres desprazáronse os deputados Antonio Leira e José Manuel Pequeño, que recibiron á ministra de Comercio e Turismo, Reyes Maroto, á que lle explicaron con detalle a promoción que se está a facer de todos os camiños de Santiago que pasan pola provincia da Coruña.
Ademais, asistiron a unha recepción na Confraternity of Saint James, unha asociación que realizou un gran traballo no Camiño Inglés e que xa foi un dos membros participantes no recente Fam Trip que organizou a Deputación da Coruña para os prescritores do Camiño no Reino Unido e Irlanda.

Novas relacionadas

Comentarios