Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Solpor non falta á World Travel Market

Solpor Londres
O presidente, Jesús Picallo; e a vicepresidenta, Alexia Benlloch, manteñen contactos con profesionais de todo o mundo no marco do World Travel Market
Solpor non falta á World Travel Market
O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía está a ter unha notable presencia no World Travel Market (WTM), unha das principais citas mundiais para os mercados turísticos, grazas á participación nesta feira da Asociación Profesional de Empresarios “Camiño do Solpor”.

O presidente da asociación, Jesús Picallo, e a vicepresidenta, Alexia Benlloch, manteñen dende esta mañá unha completa axenda de encontros e presentacións ante intermediarios turísticos de todo o mundo, co obxectivo de dar a coñecer os atractivos desta ruta.

Jesús Picallo expresou a súa satisfacción polo alto grado de coñecemento que sobre o Camiño de Santiago hai en todo o mundo, e a identificación de Fisterra como o destino final da peregrinación.

Neste sentido, os directivos da Asociación incidiron en presentar ante os turoperadores e representante de axencias que se atopan en Londres todos os atractivos que ofrece este itinerario. Aspectos o a gastronomía, a posibilidade de participar en experiencias en contacto coa natureza, ou recursos como a fervenza do Ézaro, foron algúns dos argumentos destes encontros profesionais.

Pola súa banda, Alexia Benlloch, referiuse ás boas cifras de ocupación que se rexistran dende o verán en toda a Costa da Morte, e explicou que é o resultado dunha oferta singular e atractiva, en ambientes naturais, o que garante a seguridade das persoas que optan por este destino.

A Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago “Camiño do Solpor” participa na WTM no marco da misión organizada polo Clúster Turismo de Galicia, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia.

Comentarios