Martes. 17.09.2024
El tiempo

Detido en Carballo cun quilo de cocaína, medio quilo de marihuana e 52 bellotas de hachís

Detido en Carballo cun quilo de cocaína, medio quilo de marihuana e 52 bellotas de hachís
Droga aprehendida na AG-55 Droga aprehendida na AG-55 pola Garda Civil carballesa

Efectivos da Garda Civil de Carballo procederon na tarde de onte, luns 30 de xaneiro, á detención dun home de nacionalidade colombiana pola comisión dun delito contra a saúde pública.

Eran as 18:30 horas cando se efectuaba un Dispositivo Operativo en Vías Públicas. Gardas Civís do Posto Principal de Carballo identificaron ao condutor dun vehículo que circulaba pola vía AG-55 en dirección a Carballo, ante o forte cheiro a marihuana que desprendía o vehículo procedeuse á inspección do mesmo. O home tratou de desfacerse dun dos teléfonos móbiles arroxándoo ao noiro da autopista mentres se realizaba a inspección do turismo, pero non puido impedir que o recuperara a Garda Civil, así como que localizase no interior do vehículo 2 bolsas de marihuana que arroxaron un peso de 532 gramos, 52 bellotas de hachís cun peso de 555 gramos e un bote de plástico que contiña 1105 gramos do que parecía inicialmente cocaína aínda que se está á espera do que ditaminen as análises preceptivos.

Os membros da Benemérita procederon á aprehensión das sustancias estupefacientes, o vehículo en que viaxaba e dous teléfonos móbiles. Así, o home foi detido pola comisión dun delito de Tráfico de Drogas e trasladado ata dependencias policiais á espera de pasar hoxe a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.

Droga aprehendida na AG-55 pola Garda Civil carballesa Droga aprehendida na AG-55 pola Garda Civil carballesa

Fonte

  • Garda Civil.
Comentarios