E comezou a campaña
Malia que ninguén respeta isto da campaña, nos medios seguimos empeñados en facer referencia á mesma. Como se o feito de "poder pedir o voto" sexa determinante para definir que un acto é electoralista ou non. Xa limos a sempre afiada opinión de José Luís Louzán sobre a campaña, así que seguimos repasando a actualidade, e pensando en como afectará a abstención, ou o voto en blanco nestes comicios.
A semana pasada, en teoría en pre-campaña, veíamos ás candidatas do PP da Costa da Morte nunha festa de maiores; ao candidato do PSOE pola Coruña, Caamaño, nun acto cos mariñeiros de Malpica; e ao BNG facendo un mitin presentación. Ningunha das 3 citas foron consideradas ilegais polo comité electoral, que sen embargo xa puxo 7 cartóns amarelos (ou amonestacións electorais) ao PP por actos ao longo de Galicia. Pero tampouco pasa nada.
Esta mesma madrugada comezaba a campaña, e na Costa da Morte os partidos tamén están presentes. O PSOE foi o único que saíu á rúa na zona ás 0:00h para a "tradicional" (e algo obsoleta) pegada de carteis. Marisol Soneira estivo en Cee. BNG e PP preferiron esperar ata hoxe para presentar aos seus candidatos. Imos repasando as actividades de cada partido para estes días.
Feijoo estrea campaña do PP en Carballo e Vimianzo
O presidente da Xunta escolleu Carballo para abrir a campaña. Feijoo acudirá ao mitín que abre a campaña electoral, onde compartirá a tribuna co presidente local do PP de Carballo Alberto Sueiro, co candidato local Aurelio Nuñez e co Presidente Provincial do PP e alcalde da Coruña, Carlos Negreira.
O acto celebraráse o venres as oito da tarde no auditorio do Forum, no barrio da Milagrosa, no antiguo recinto da feira de gando.
Un Feijoo que de contado irá a Vimianzo, onde ás 21:30h estará na Casa da Cultura co voceiro local Eduardo Salgado, Marisol Piñeiro e Beatriz Mato.
Pero antes haberá outra cita, como a nova visita de Marisol Piñeiro e Pedro Puy ao mercado de Fisterra sobre ás 11:30h.
Os candidatos do PP na Costa da Morte son:
- Aurelio Núñez (11º - Carballo);
- Marisol Piñeiro (15ª - Carnota);
- Ambrosio Oróns (22º - Laxe).
O PSOE inicia a campaña a pé de rúa
Como dicimos o único que fixo pegada física de carteis pfoi o PSOE. Foi a candidata Marisol Soneira a que se achegou a Cee ás 0:00h, para dar o pistoletazo de saída á campaña. E o fixo tras asegurar que "Feijoo é o peor presidente da historia de Galicia en materia de pesca". "A desaparición da Consellería de Pesca, agora encadrada nunha macroconsellería, así como a desaparición do Ministerio de Pesca, a redución de investimento do Ministerio en materia de pesca en case un 50%, e a pasividade desta Xunta, fan que a Consellería queda relegada a unha mera xestoría de fondos europeos”, denuncio Soneira.
Tamén falou Caamaño, que a media noite xa pedía o voto "para liderar o cambio" e para “construír dende a esquerda unha alternativa que frene a Feijoo, a Rajoy e a Merkel”. Un Caamaño que inclúe argumentos como que “o presidente de todos os galegos non pode nin debe volar en jets privados de millonarios” e insta a Feijoo a dar explicacións sobre quen pagou o vóo e a “non mesturar política cos negocios”.
Precisamente os candidatos do PSOE na Costa da Morte son:
- Francisco Caamaño (1º pola provincia da Coruña- Cee).
- Marisol Soneira (5º - Camariñas).
O BNG en Fisterra, Camelle e Zas
Este venres día 5 de outubro o BNG abre a campaña electoral do 21O cun Mitin en Fisterra. O acto, que dará comezo ás 20:30 horas (Salón de Plenos do concello), contará coas intervencións de Paulina Mouzo Fernández (responsábel local do BNG), Rafa Vilar (membro da Executiva e do Consello Nacional do BNG) e Modesto Fraga, candidato ao Parlamento.
Ademais, as citas electorais do BNG na fin de semana complétanse en :
- Camelle. Sábado 6. 20:30 hs. (Mitin con Isabel Barreiro, Xosé Xoán Bermúdez Tajes e Xoán M. Sande)
- Zas: Sábado 6, ás 21:00 hs. (Mitin con Manuel Muíño, Modesto Fraga e Ana Pontón). Polideportivo de Baio.
Os candidatos do BNG na Costa da Morte son:
- Belén Lendoiro, de Carballo (5ª nas listas pola Coruña);
- Modesto Fraga, voceiro fisterrán e comarcal (10ª);
- Xoán Manoel Sande, voceiro de Bergantiños de A Laracha (15ª);
- Xoán Xosé Blanco Riveiro de Mazaricos (19ª).
Campaña 21O
- Verdades de Louzán: Persoas.
- O PP xa está en campaña.
- Caamaño reponde ao sector pesqueiro da Costa da Morte.
- O BNG presenta a súa candidata na Costa e critica a campaña propangadística do PP.
- O PSOE tamén abre a campaña denunciando os “incumprimentos de Feijoo”.
- O PP presenta aos candidatos da Costa da Morte.
- # As Bondades da fala, con Fran Caamaño: “Chegarei ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).