Luns. 09.12.2019
El tiempo

O BNG presenta a súa candidata na Costa e critica a campaña propangadística do PP

O BNG presenta a súa candidata na Costa e critica a campaña propangadística do PP
Xabier Paz falando na celebracion dos 30 anos do BNG en Corcubion

Xa están os 3 maioritarios partidos en marcha de cara ás Eleccións Autonómicas do 21 de outubro, e iso que a campaña aínda non comezou. A semana pasada estreábase o PP con actos públicos, o PSOE con varios encontros, e o pasado venres o facía tamén o BNG coa celebración en Corcubión do 30 aniversario da súa fundación na Asemblea de Riazor.

Neste contexto e nestas datas, o BNG da Costa da Morte decidíu homenaxear a 55 militantes das respectivas asembleas locais que, "nestes 30 anos, traballaron con dedicación, ilusión e coherencia pola nosa comarca. Ao acto, celebrado na Casa da Cultura de Corcubión e no que interviron o responsable portavoz comarcal, Modesto Fraga, o concelleiro corcubionés Xabier Paz Regueira, e a voceira parlamentaria e deputada, Ana Pontón, asistiron máis dun cento de persoas. Entre elas estaban os candidatos pola Costa da Morte, ademais de Modesto Fraga, Belén Lendoiro, de Carballo; e Xoán Xosé Blanco Riveiro de Mazaricos,

Foi Ana Pontón, candidata pola Coruña, a máis incisiva, asegurando que se o BNG sobe ao goberno da Xunta, "seremos insubmisos aos recortes". Tamén se referiu ás demandas federalistas catalanas asegurando que “só alongando o noso autogoberno para conquistar a soberanía poderemos decidir sobre o futuro dos nosos recursos e crear emprego e benestar”. E como non, sacou o tema da semana, os supostos contratos, aínda non asinados, de Pemex con Galicia a pesar das verbas do Presidente.

Críticas polo "electoralismo"

Precisamente o BNG de Bergantiños critican a "instensa campaña electoralista do PP en Bergantiños e a Costa da Morte". "A que investimentos se refiren?", pregúntase Xoan Sande, responsable comarcal. "Fronte á propaganda do PP está a realidade, e a realidadee son os recortes na sanidade pública, a ausencia de substitucións dos profesionais sanitarios que os veciños e as veciñas de Bergantiños teñen que padecer cada ano no verán e nas épocas vacacionais o incremento das listas de espera, o copago farmacéutico. Investimentos ningún, novas dotacións ninguna, novas especialidades no Centro de Especialidades de Carballo ninguna, só recortes. Nos centros de saúde e tamén nos centros de ensino de toda a comarca se veñen padecendo as reducións de persoal sanitario e docente".

Con respecto ao recorrente tema da Autovía da Costa da Morte, denuncian que despois de "anular a adxudicación feita na época anterior, porque a empresa tiña problemas para financiar a obra, logo adxudicárona novamente polo sistema de “peaxe na sombra”, cun enorme sobercusto con respecto á anterior adxudicación, e agora resulta que volvemos estar como hai catro anos, de novo con problemas para financiar a obra".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG de Bergantiños e Costa da Morte.

Comentarios