Eleccións #24M: O PP perde a maioría absoluta de Coristanco e as forzas poderán unirse
22:56 24/05/15
Novidades en Coristanco, pois o PP perdeu a maioría absoluta que mantiña, e que pode provocar que unha coalición entre TEGA, BNG e PSOE deixen unha alcaldía de cor verde. O PP segue a ser a primeira forza con 1911 votos (44%) sumando 6 concelleiros, pero moi preto de TEGA, con 1386 e 5 concelleiros.
5 concelleiros que, a través dun pacto, poderían ser apoiados polos acadados por BNG (523 - 12%) e PSdG (473 - 11%), ambos cun edil no pleno, e así convertir a Amancio Lavandeira, candidato de TEGA, no novo alcalde. Haberá que agardar a falar de posibles pactos de cara a investidura.
Veremos pois se Pensado Plágaro pode renovar a súa alcaldía por 7ª vez, despois de 24 anos de goberno popular.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).