Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Empresas da Costa crece con novas empresas e mediante a formación

Empresas da Costa crece con novas empresas e mediante a formación
Empresarios-asistentes-as-Xornadas-Impactic-en-Carballo

Empresas da Costa continúa crecendo. O proxecto artellado polas marcas de referencia na Costa da Morte Abertal, Galinus, Quepasanacosta e Finisterrae, continúa dinamizando o tecido empresarial a través da rede.
Un dos medios de dinamización é a formación. Así, Manuel Pan e Daniel Cerqueiro están desenvolvendo as novedosas Xornadas Impatic, realizadas durante a semana pasada en Cee e Carballo, e durante 3 sesións consecutivas en Santiago de Compostela. Máis de 100 empresarios do país asistiron a estas sesións formativas nas que, ademais de repasar os conceptos máis importantes da rede así como a importancia da creación dun Plan de Marketing mesmo para PEMES, puideron facer auditorías de impacto na rede personalizadas.

Captura da web de Alea Asesores

Pero ademais, o directorio segue crecendo, e estes días o proxecto presenta unha nova web. Unha das novas empresas que apostaron por este proxecto para sumerxirse na rede é Alea Asesores. A empresa carballesa vén de estrear a súa nova web, www.aleaasesores.com, mediante a que se pode coñecer de primeira man todos os servizos da asesoría.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte


Comentarios