Luns. 22.04.2019
El tiempo

“O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”

“O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”

Xa o levaban denunciando as centrais sindicais dende hai varios meses. “Levan un tempo intentando xustificar, para nós de maneira artificial, unhas condicións axeitadas para presentar o ERE. Para iso provocaron a parada dos dous fornos, o desmantelamento da materia prima das nosas fábricas… Pero para nós non hai causa obxectiva que xustifique o ERE”.

Así de claro ten a CIG cal vai ser a súa postura nas vindeiras reunións que manterán ca empresa sobre como afectará o ERE de dous anos anunciado pola dirección en todo o estado, nas fábricas da Costa da Morte. Por agora, non contan con demasiada información, só a confirmación das datas das reunións de negociación.

”Este ere non axusta á legalidade”, responde a CIG, que lembra, como tamén fixo a Xunta, que “a concesión da explotación das centrais hidroeléctricas está vinculada ao mantemento dos postos de traballo e a viabilidade da fábrica están vinculados”, destacando a singularidade do convenio das fábricas ceenses. “O ERE hai que circunscribilo a un contexto de centro de traballo e non facelo a nivel estatal”, sinalan.

Mentres a empresa segue sen facer declaracións, a paralización das fábricas de Cee e Dumbría xa produxeron grandes impactos nas empresas auxiliares das fábricas así nos traballadores eventuais, que seguen esperando no INEM.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios