Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un ERE non pactado pon en perigo o último taller textil da comarca

Taller textil Mans Galegas por dentro
O Taller textil de Cee, Mans Galegas, por dentro
Un ERE non pactado pon en perigo o último taller textil da comarca

Malos tempos para os talleres textís da Costa da Morte. O pasado mes de agosto de 2018 botaba o peche Confecciones Corcubión. E outubro caía a a última cooperativa téxtil de Carnota. Apenas tres meses despois, este mes de xaneiro outras 30 traballadoras quedaban na rúa polo peche do taller Macarly S.L. en Treos, Vimianzo.

”A crónica dunha morte anunciada”, intentaba explicar o alcal de Corcubión ante este desmantelamento dos fabricantes de prendas de roupa para Inditex. Un imperio que segue deslocalizando a produción, e que segue provocando que centos de mulleres galegas queden sen o se traballo de toda a vida.

En Cee, no último taller que queda vivo na Costa da Morte, está pasando un proceso semellante. “Mans Galegas” leva máis de 20 anos traballando. Agora faino para Zintura, un taller de Arteixo que pertence a Inditex, pero a produción estase reducindo e complicando de tal xeito que se fai complicado manter os 30 postos de traballo.

Tan complicada está a situación que existe unha confrontación total entre as traballadoras e a xefa, despois de que a empresa presentase un ERE que reixetaron as responsables sindicais. Mentres, as 31 traballadoras levan case 3 meses traballando sen cobrar e non aturan as explicacións da dirección, e critican que “ande de rositas, ceas, compras… mentres nós estamos traballando e sen cobrar”. “O único que se nos contan son mentiras. A empresa ten traballo abondo. Dinnos que van vir os avogados falar con nós e que imos cobrar, pero con nós non ven falar ninguén”, denuncian as traballadoras.

O Taller Textil Mans Galegas e un dos ultimos que quedan na Costa da Morte

Un ERE

A empresa comuniou o ERE o pasado 18 de decembro, pero as traballadoras non o aceptaron considerando que hai suficiente carga de traballo, polo que a cousa vai a concurso de acreedores. Un ERE de 13 persoas, das que 8 están de baixa por efermidade de longa duración, hai unha temporeira e outras dúas son delegadas sindicais.

A xefa, Pilar Fernández, explícase con rotundidade. "Esto non é un paripé. E entendo que estean cabreadas, porque eu son a primeira que estou sen cobrar, pero se non é viable, pechamos a porta, e agora mesmo hai un claro perigo de peche pois non temos para pagarlle a toda a xente. Si cremos que poderíamos facer viable o taller con 15 persoas, pero así, coa carga de traballo que temos, non podemos. Non é viable ademais ter tanta xente de baixa”, valora. As cifras son claras: temos 30 persoas, hai que xerar 3.000 € diarios, o que supón un mínimo de 800 prendas… E non as das quitado”.

Ante isto, Fernández bota boa parte das culpas ás traballadoras: “Hai xente que non quere traballar. Se as sindicais tiveran arranxado, terían a oportunidade de saír no ERE e cobrar por Fogasa, e aínda despois poderían volver traballar a empresa nun futuro se así o necesitásemos. Pero agora, se imos a Concurso, será o administrador o que se ocupe do asunto. Agora xa non vai estar nas miñas mans pagarlles ou non”, sinala.

Deslocalización

A situación do sector é moi complicado. "Xa ves que pecharon todos os talleres da Costa da Morte. Aquí, teño a sorte, entre comillas, de que de momento me están mandando traballo para aguantar con 15 persoas. pero que imos facer se non? Supermercados para todas non hai, tendas de roupa para todas non hai. Bares… que fas? traballas 14 horas?”, pregúntase.

En clave interna, o 2018 foi un ano de demasiados cambios no taller. Ata o ano pasado a empresa facía roupa de neno, e agora tivo que cambiar o modelo de produción cara roupa de muller. “Son modelos máis complicados, e a liña de produción faise máis difícil. Ao ser prendas máis grandes, e ao pagaren por prenda, a cousa está clara: saen menos prendas, menos produción, menos ingresos”, explica Fernández.

Nese sentido ten claro que o gran cabalo de batalla xógase a nivel mundial. “A produción que nós facemos non é nada comparable coa que pode facer un taller grande en Marruecos, que ademais lle pagan á metade que a nós, e aínda que non teña a mesma calidade, non lles importa”. Unha realidade que provoca que a prenda se venda a uns 4-5€ facendo practicamente todo, dende o corte ata o modelaxe. “Isto é unha miseria”.

Ademais, dedne Arteixo, en vez de mandar pedidos grandes dunha soa prenda, solicitan pedidos máis pequenos de varias prendas, o que provoca que se necesiten cambios na liña de produción que ralentizan moito o proceso de creación.

Tocan meses convulsos no último taller textil da comarca. Veremos se consegue sobrevivir.

Novas relacionadas

Comentarios