Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As Escolas de Torrexallóns e Carnés botan o peche

Imaxe de varias cativas do CEIP Torrexallóns
As Escolas de Torrexallóns e Carnés botan o peche

Vén de publicar a Xunta no DOG a ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de educación infantil, educación primaria e educación especial. E o resultado é que se eliminan 60 unidades de educación infantil e primaria, que se traducen nun recorte de 89 prazas de infantil e primaria, concretamente 38 de infantil e 51 de educación primaria, en toda Galicia, como denuncia a CIG.

Os recortes afectan directamente a dous centros da Costa da Morte, que botan o peche definitivamente, como son o CEIP de Torrexallóns (Laxe) e a EEI de Carnés (Vimianzo). Os centros contaban cunha soa matrícula a laxense e 4 a vimiancesa.

Ademais, a orde confirma recortes en materia de unidades e postos de traballo no CEIP Plurilingüe Vila de Cee, CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos), EEI de Muros, CEIP dos Muíños (Muxía) e CPI de Zas.
Tamén sofren recortes de persoal o CRA A Tarandeira (Coristanco), o CRA Nosa Señora do Faro (Ponteceso).

Máis novas sobre recortes

Comentarios